• Home
  • Victor Guerra chega ó Betanzos CF

Victor Guerra chega ó Betanzos CF

05/07/2023 Betanzos CF Comments Off

A dirección deportiva do Betanzos e Victor Guerra alcanzaron un acordo para a sua incorporación na tempada 2023/2024 en Terceira RFEF.

Victor (A Coruña,2002) xa é novo xogador do Betanzos CF en terceira RFEF. Actúa como extremo dereito ainda que tamén pode xogar en posicions mais adiantadas, media punta ou dianteiro. Procede do AT Arteixo de terceira RFEF no que chegou a disputar a pasada campaña 27 partidos, xogando 13 de titular e anotando 2 goles. Con anterioridade xogou nesta categoria co RC Deportivo Fabril. Estivo no RC Deportivo xuvenil división de honra e na base de CD Calasanz.

Victor aportará rápidez e desborde ao noso ataque.

Benvido a túa casa e moita sorte nesta nova experiencia.

Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Mon, Christian, Da Lama, Xusto, Martín Lago, Souto, Pájaro, Anthony, Borja, Juan, Ángel, Miguel, Casariego, Pablo Vigo, Manu Barbeito e Victor Guerra.

Seguimos traballando para facer o mellor Betanzos CF 23/24.