• Home
  • Noé López López Será o adestrador do Betanzos CF 2023/2024 na terceira RFEF

Noé López López Será o adestrador do Betanzos CF 2023/2024 na terceira RFEF

15/06/2023 Betanzos CF Comments Off

A Dirección deportiva do clube e o adestrador alcanzaron un acordo para seguir co vínculo existente na tempada 2023/2024 en terceira división nacional.

Tras varias reunions e logo do ascenso colleitado na presente tempada no que o equipo foi capaz de lograr 82 puntos, con 26 partidos gañados, 4 empatados e 8 perdidos disputando un total de 38 xornadas nas que acadou a segunda posición e ascenso directo de categoría.

Así Celestino Noé López López (Fisterra, 1977) será o encargado de dirixar ao Betanzos CF 2023/2024 na sua andadura pola terceira rfef. O Técnico leva no clube dende a tempada 2018/2019 que militábamos en 1ª Galicia, chega como adestrador en marzo de 2019, polo que encara a sua sexta tempada, quinta tempada enteira aos mandos do noso histórico clube. Dende a sua chegada foi quen de mellorar os seus rexistros e así gañar a confianza da afección rojilla.

Desexamoslle moita sorte nesta nova tempada.