• Home
  • Marcos Souto novo porteiro do Betanzos CF

Marcos Souto novo porteiro do Betanzos CF

06/07/2023 Betanzos CF Comments Off

A dirección deportiva do Betanzos e Marcos alcanzaron un acordo para a sua incorporación na tempada 2023/2024 en Terceira RFEF.

Marcos Souto Pérez (Cedeira,1991) convírtese en novo xogador do Betanzos CF. Marcos procede do RC Vilalbes, equipo recén ascenso a 2ª RFEF onde estivo nesta última tempada. Con anterioridade xogou na terceira galega en equipos como a UD Somozas dende o 2018 ó ano 2022 acumulando mais de 7257 minutos disputados na categoría. Tamén estivera no RC Vilalbés, CD As Pontes ou no Racing de Ferrol na antiga 2ª B e no seu xuvenil división de honra.

Marcos pola sua traxectoria non necesita presentación, os seus datos falan maravillas do noso novo xogador xa que e un seguro na porteria e dará o equipo moita seguridade é seriedade para afrontar unha competición tan complicada.

Benvido a túa casa e moita sorte nesta nova experiencia.

Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Mon, Christian, Da Lama, Xusto, Martín Lago, Souto, Pájaro, Anthony, Borja, Juan, Ángel, Miguel, Casariego, Pablo Vigo, Manu Barbeito, Victor Guerra e Marcos Souto.

Seguimos traballando para facer o mellor Betanzos CF 23/24.