• Home
  • Manu Barbeito reforzo para o Betanzos CF

Manu Barbeito reforzo para o Betanzos CF

04/07/2023 Betanzos CF Comments Off

A dirección deportiva do Betanzos e Manuel Barbeito alcanzaron un acordo para a sua incorporación na tempada 2023/2024 en Terceira RFEF.

Manuel Barbeito Gabín (Betanzos, 2001) convírtese en novo xogador do Betanzos CF na Terceira RFEF. Actúa como centrocampista ou central. Procede da SDC Galicia Mugardos da preferente na que esta tempada disputou 32 encontros que son un total de 2791 minutos.

Manu, formado nas categorías inferiores do RC Deportivo, pasando ao Ural CF do xuvenil de división de honra, volveo ao RC Deportivo para xogar o seu último año como xuvenil en división de honra. Na categoría senior xogou na UD Somozas de terceira RFEF xogando 7 encontros de liga. Na tempada seguinte forma parte da plantilla da SD Sofán tamén na terceira RFEF xogando 27 encontros de liga regular disputando 1623 minutos.

Gran fichaxe para apuntalar varias posicions. Un xogador de Betanzos que quere xogar na casa

Benvido a túa casa e moita sorte nesta nova experiencia.

Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Mon, Christian, Da Lama, Xusto, Martín Lago, Souto, Pájaro, Anthony, Borja, Juan, Ángel, Miguel, Casariego, Pablo Vigo e Manu Barbeito.

Seguimos traballando para facer o mellor Betanzos CF 23/24.