• Home
  • Dani Viqueira ficha polo Betanzos CF

Dani Viqueira ficha polo Betanzos CF

07/07/2023 Betanzos CF Comments Off

A dirección deportiva do Betanzos e Viqueira alcanzaron un acordo para a sua incorporación na tempada 2023/2024 en Terceira RFEF.

Daniel Viqueira Louro (Arteixo,1996) é novo xogador do Betanzos CF. Actúa como lateral esquerdo, chega dende o At Arteixo de 3ª RFEF donde disputou nesta última tempada 18 encontros de liga xogando mais de 650 minutos. Con anterioridade xogou no SD Arzúa en terceira RFEF estando presente en 26 encontros de liga e acumulando mais de 2200 minutos xogados. Antes como senior tamén pasou pola SD Sofán en preferente Galicia.

Fichaxe con experiencia na categoría que chega para apuntalar a parcela defensiva.

Benvido a túa casa e moita sorte nesta nova experiencia.

Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Mon, Christian, Da Lama, Xusto, Martín Lago, Souto, Pájaro, Anthony, Borja, Juan, Ángel, Miguel, Casariego, Pablo Vigo, Manu Barbeito, Victor Guerra, Marcos Souto e Viqueira.

Seguimos traballando para facer o mellor Betanzos CF 23/24.