• Home
  • Mateo queda no Betanzos CF 2022/2023

Mateo queda no Betanzos CF 2022/2023

02/07/2022 Betanzos CF Comments Off

O Canteiran formando parte do Betanzos CF na tempada 2022/2023.

Tras as reunións mantidas entre a dirección deportiva do Betanzos CF e Mateo, ambas partes chegaron a un acordo para ampliar a vinculación co noso clube.

Mateo formose na nosa canteira e a tempada pasada empezou a traxectoria como xogador senior no clube que o viu medrar. O centrocampista disputou este ano 144 minutos e queda con nos para poder seguir sumando experiencias

Seguimos traballando para facer o mellor Betanzos CF 22/23.

Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Mon, Da Lama, Martín López, David Carneiro, Martín Lago, Javi Rumbo, Juan de Dora, Toni Insua, Souto, Pájaro e Mateo.