Esta páxina web usa cookies, propias e de terceiros, para mellorar a súa experiencia neste sitio, analizar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Pode xestionar as mesmas a través do botón Configurar e acceder á Política de Cookies.
Manu Barbeito continua unha tempada mais
A dirección deportiva e Manu Barbeito chegan a un acordo para a renovación na tempada 2026/2027 en preferente futgal.
Manuel Barbeito Gabín (Betanzos, 2001) Foi unha peza fundamental na boa tempada do Betanzos CF 25/26 xogando 37 encontros entre liga é copa da Coruña. Sumando un total de mais de 2900 minutos. Centrocampista no que o adestrador puxo toda a confianza para levar o timón do equipo desde a medular.
Manu é capaz de adaptarse ao que pide o encontro, si necesita dominar, ter mais contención ou poñerse o mono de traballo para defender.
Formado nas categorías inferiores do RC Deportivo, aproveita a boa visión de xogo para sacar un bo rendemento xornada tras xornada.
Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Ángel, Javi, Juan de Dora, Martín Lago, Manu Castro e Manu Barbeito.
Categorías
Entradas Recientes
Manu Barbeito continua unha tempada mais
27/06/2026O Betanzos CF renova o compromiso con Manu Castro
26/06/2026Martín Lago segue no Betanzos CF
24/06/2026Calendario