• Home
  • Juan de Dora seguirá no Betanzos CF

Juan de Dora seguirá no Betanzos CF

29/06/2023 Betanzos CF Comments Off

A dirección deportiva do Betanzos e Juan alcanzaron un acordo para a sua renovación na tempada 2023/2024 en Terceira RFEF.

Juan de Dora incorporouse na tempada 2021/2022 ao Betanzos CF e conseguiu ser un dos referentes do equipo na parcela defensiva e ofensiva marcando 20 goles e sumando mais de 2600 minutos.

Nesta tempada que acaba de rematar culminada co ascenso de categoría, Juan sumou 31 partidos anotando 22 goles. Unha lesión de xeonllo obligou a parar en seco ao goleador dende o 16 de abril.

Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Mon, Christian, Da Lama, Xusto, Martín Lago, Souto, Pájaro, Anthony, Borja, Berto e Juan.

Seguimos traballando para facer o mellor Betanzos CF 23/24.