• Home
  • Inicio pretempada en terceira RFEF

Inicio pretempada en terceira RFEF

01/08/2023 Betanzos CF Comments Off

O Betanzos CF empezou a rodar este luns 31 de xullo.

Ese e o día elixido polo corpo técnico encabezado por Noé López para comezar os adestramentos e poñerse en marcha para chegar da millor maneira ao comezo de liga .

O tradicional trofeo San Roque será o segundo partido do Betanzos CF 2023/2024 e que millor que ante o noso publico no García Hermanos as 18:00 ante o RC Deportivo Fabril para tentar levarnos o trofeo do noso patrón.

A terceira cita tamén será o trofeo cidade de Betanzos, o domingo 20 de agosto as 18:00 no García Hermanos ante o AD Miño de preferente Galicia.

Teremos un total de 7 encontros d preparación ante rivais de preferente Galicia e terceira RFEF.

Presentase un plan de traballo con rivais esixentes e en campos sempre complicados para medir as forzas dos nosos xogadores.