• Home
  • Horarios encontros 9-10 de Abril

Horarios encontros 9-10 de Abril

06/04/2022 Betanzos CF Comments Off

O Betanzos CF ten que desplazarse na xornada matinal do domingo ata Arteixo.

Xoga as 12:00 no municipal de Ponte dos Brozos ante o At Arteixo, equipo favorito para lograr o ascenso a terceira división e que é colider no grupo de ascenso. Partido importante para os nosos, que intentaran dar o mellor de si para poder traer algo positivo.

O Xuvenil A xoga o sábado as 19:00 no campo do Carregal ante o Once Caballeros. Despois da derrota o pásado sábado, teñen o último partido da primeira fase que intentaran clasificarse para a fase de ascenso. Para estar tranquilos teñen que gañar o seu partido e así non depende de outros resultados.

O Cadete A empeza a preparar a fase de Ascenso xogando un encontro de preparación ante o Victoria CF, dara comezo as 09:30 do sábado no Carregal.

Deixamos os horarios.