• Home
  • Casariego e Manu Barbeito renovan o seu compromiso co Betanzos CF

Casariego e Manu Barbeito renovan o seu compromiso co Betanzos CF

09/06/2024 Betanzos CF Comments Off

A dirección deportiva do Betanzos CF chega a un acordo con Adrián Casariego e Manu Barbeito para xogar no Betanzos CF na tempada 2024/2025.

Casariego foi dono no carril dereito durante toda a tempada sumando mais de 2500 minutos e marcando 2 goles, o último a piques de rematar a liga para dar a victoria en Viveiro.

Manu Barbeito fíxose cun posto no once titular a medida que iba avanzando a liga ata que foi habitual en cada aliñación dos domingos. Xogou mais de 1200 minutos e chegou a encadear 8 titularidades consecutivas.

Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Mon, Ángel, Juan, Casariego e Manu Barbeito.

Seguimos traballando para facer o mellor Betanzos CF 24/25.