• Home
  • Berto, primeira incorporación do Betanzos CF

Berto, primeira incorporación do Betanzos CF

28/06/2023 Betanzos CF Comments Off

A dirección deportiva do Betanzos e o xogador Berto alcanzaron un acordo para a sua incorporación na tempada 2023/2024 en Terceira RFEF.

Berto Fandiño Trillo (Cee,2002) convírtese na primeira incorporacion do Betanzos CF na terceira RFEF. Procede da UD Somozas de terceira RFEF na que disputou na presente campaña 26 encontros, sendo titular en 4 deles. Actua en posicións do centro do campo, aínda que tamén pode actuar como central.

Berto xa estuvera na tempada 2021/2022 na nosa plantilla en preferente Galicia na que disputou mais de 2700 minutos, todos os encontros sendo da partida e anotando 5 goles.

Benvido de novo a túa casa e moita sorte nesta experiencia.

Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Mon, Christian, Da Lama, Xusto, Martín Lago, Souto, Pájaro, Anthony, Borja e Berto

Seguimos traballando para facer o mellor Betanzos CF 23/24.