• Home
  • Ángel e Anthony novos xogadores do Betanzos CF

Ángel e Anthony novos xogadores do Betanzos CF

29/04/2023 Betanzos CF Comments Off

A dirección deportiva del Betanzos CF chega a un acordo con Ángel e Anthony para a sua incorporación o Betanzos CF na recta final da tempada 2022/2023.

Anthony (2002) volve a recalar no Betanzos, no que xa estivo na tempada pasada. Está tempada dou un salto de categoría e comezou a liga na UD Somozas, para no mercado invernal fichar polo Viveiro CF. Centrocampista ou dianteiro que disputou esta tempada 251 minutos anotando un gol na tercerira RFEF. Bo recambio de un xogador versátil que pode dar moitas opcións ó corpo técnico.

Ángel Fernández Casanova (Betanzos,1996) Centrocampista zurdo con bo trato de balón que tamén pode adaptarse a posicións de banda esquerda. Procedente da SD Arzúa da terceira RFEF na que chegou a xogar 1777 minutos en 27 encontros de liga (dun total de 30 xornadas) participando en 22 encontros desde o inicio.

Ángel criado nas nosas categorías inferioresxogou na canteira do RC Deportivo, chegando a ser xogador do RC Deportivo Fabril, logo pasando polo Laracha CF, CD Boiro e RC Vilalbés, todos eles en terceira división, categoría na que acumula mais de 13000 minutos xogados. Volver agora ao seu clube de toda a vida para tentar lograr a millor clasificación posible.

Son dous xogadores da casa que non necesitan adaptación e que nos axudaran moito nos partidos que quedan ata completar o final de liga.

Ambos xogadores xa se atopan en dinámica semanal co resto dos compañeiros e a disposición do corpo técnico para o seu posible debut coa nosa indumentaria.

Benvidos a vosa casa e moita sorte nesta experiencia.

Seguimos traballando para facer o mellor Betanzos CF 22/23.