• Home
  • Alex Del Río xa é novo xogador do Betanzos CF

Alex Del Río xa é novo xogador do Betanzos CF

11/07/2023 Betanzos CF Comments Off

A dirección deportiva do Betanzos e Alex Del Río alcanzaron un acordo para a sua incorporación na tempada 2023/2024 en Terceira RFEF.

Alejandro Del Río González (Ferrol,2001) forma parte da plantilla do Betanzos CF na terceira RFEF. Dianteiro goleador e traballador incansable durante os encontros. Na tempada pasada xogou na SDC Galicia Mugardos donde conseguiu anotar 16 tantos en 32 partidos disputados, sumando mais de 2500 minutos na categoría. Polo que estivo entre os máximos goleadores da preferente. Pese a ter tan só 22 anos conta con experiencia na categoría xa que militou no CD As Pontes na tempada 20/21 xogando 29 partidos e anotando 3 goles. Na tempada 21/22 estivo na UD Somozas tamén na 3ª xogando 21 partidos.

Fichaxe con experiencia na categoría que chega para aportar goles nesta tempada na terceira RFEF.

Benvido a túa nova casa e moita sorte nesta nova experiencia.

Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Mon, Christian, Da Lama, Xusto, Martín Lago, Souto, Pájaro, Anthony, Borja, Juan, Ángel, Miguel, Casariego, Pablo Vigo, Manu Barbeito, Victor Guerra, Marcos Souto, Viqueira e Alex Del Río.

Seguimos traballando para facer o mellor Betanzos CF 23/24.