• Home
  • O Betanzos CF e Álex Suárez separan os seus camiños

O Betanzos CF e Álex Suárez separan os seus camiños

22/10/2024 Betanzos CF Comments Off

O Betanzos CF e o adestrador Álex co seu corpo técnico chegan a un acordo para rescindir o contrato no que resta de tempada 24/25 en terceira RFEF.

Álex chegou o Betanzos na segunda etapa no clube o 24 de abril de 2024 ca única intención de salvar o equipo en terceira federación é conseguiu o obxetivo cun final de liga brillante.

Tras renovar o compromiso para a tempada 24/25 a sorte nestas 7 primeiras xornadas no estivo do lado do noso equipo xa que tan só foi capaz de sumar 4 puntos, 1 victoria e 1 empate. A falta de gol pasou factura xa que o equipo leva 4 goles marcados ata o momento e 12 encaixados.

Tamén causan baixa os seus axudantes Raul de Antón e Juan Comesaña.

O Betanzos agradece a Álex Suárez o seu traballo durante estas duas etapas con nos e desexalle a maior das sortes nos seus novos retos profesionais e persoais.