Esta páxina web usa cookies, propias e de terceiros, para mellorar a súa experiencia neste sitio, analizar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Pode xestionar as mesmas a través do botón Configurar e acceder á Política de Cookies.
Sito Seoane, novo reforzo do Betanzos CF
A dirección deportiva do Betanzos e Sito Seoane alcanzaron un acordo para a sua incorporación no que resta da tempada 2023/2024 en Terceira RFEF.
José Enrique Seoane Vergara (Miami, 1989) convírtese en novo xogador do Betanzos CF na Terceira RFEF. Actúa en posicións de ataque. Xogador versátil que tanto pode xogar en posición de banda ou en posicións interiores. Na tempada anterior xogou no Bergantiños FC en segunda RFEF.
Ampla carreira internacional no mundo do fútbol xa que empezou xogando no Montañeros CF, Maravillas SD, Eiris SD antes de empezar a súa aventura por diferentes paises como EEUU, Islandia ou Canadá.
En 2013 mudouse aos Estados Unidos para xogar ao fútbol universitario para o San Jacinto College en Houston, onde integrou o primeiro equipo All-American con honras ambos os anos e liderou á nación en anotación no seu segundo ano que tamén lle valeu un nomeamento para o xogador do ano. Nos seus dous anos co San Jacinto anotou 46 goles. Os seus dous anos en San Jacinto valéronlle unha proba co Houston Dynamo da MLS en 2014, que foi seguido por unha mudanza á Southern New Hampshire University, antes de mudarse a Islandia, onde pasou os últimos dous anos. No ano 2023 volve a España para xogar en segunda RFEF no Bergantiños FC.
Sito pese a xogar en diferentes puntos do mundo é un betanceiro, xa que pasou a súa infancia na nosa vila, na que a sua familia rexentaba un establecemento local. Polo que cumple a ilusión de xogar no equipo do seu pobo.
Gran fichaxe para apuntalar varias posicions de ataque. Un xogador de Betanzos que quería cumplir o soño de xogar na casa
Benvido a túa casa e moita sorte nesta nova experiencia.
Seguimos traballando para facer o mellor Betanzos CF 23/24.
Categorías
Entradas Recientes
Resultados encontros 30 novembro-1 decembro
02/12/2024Horarios encontros 30 novembro-1 decembro
27/11/2024Resultados encontros 23-24 novembro
25/11/2024Calendario