• Home
  • Horarios encontros 18-19 xaneiro

Horarios encontros 18-19 xaneiro

15/01/2025 Betanzos CF Comments Off

Da comezo a segunda volta do campionato en terceira RFEF.

Viaxamos ata o estadio municipal de A Magdalena para xogar ante o RC Villalbés o domingo as 12:00. Esperemos que co cambio de horario os nosos xogadores tamen poidan seguir coa nosa propia porta a 0 e gañar o partido.

O Xuvenil A xoga no campo de O Carregal o sábado as 18:00 ante o Once Caballeros CF. O equipo quereseguir coa boa xeira goleadora da semana pasada.

O Cadete A recibe ao Ordenes o sábado as 16:00 no campo de O Carregal. as gañas de empezar a sumar esta nova fase van facer que os nosos teñan unha alta motivación sobre o campo.

O Infantil A viaxa a Ferrol para xogar no municipal de Caranza diante do Galicia Caranza B o sábado as 12:00. Partido para tentar sumar puntos como visitantes.

Deixamos os horarios dos encontros.