Esta páxina web usa cookies, propias e de terceiros, para mellorar a súa experiencia neste sitio, analizar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Pode xestionar as mesmas a través do botón Configurar e acceder á Política de Cookies.
Álvaro Otero únese ó Betanzos CF
A dirección deportiva do Betanzos CF e Álvaro chegaron a un acordo para a súa incorporación o Betanzos CF na tempada 2024/2025.
Álvaro Otero Undabeitia ( A Coruña, 2005 ) lateral dereito que procede da canteira do RC Deportivo, concretamente do xuvenil de división de honra onde na última tempada xogou 28 encontros.
Con anterioridade tamén xogou na base do Victoria CF. Xogador que remata a etapa de xuvenil e se achega ao García Hermanos para demostrar o seu nivel na terceira federación
Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Mon, Ángel, Juan, Casariego, Manu Barbeito, Sito Seoane, Martín Lago, Pájaro, Berto, Vituco, Iago López, Borja, David Carneiro, Ipi, Sito e Álvaro.
Benvido a túa casa e moita sorte nesta experiencia.
Seguimos traballando para facer o mellor Betanzos CF 24/25.
Categorías
Entradas Recientes
O Betanzos CF honra o seu ex presidente Julián García
11/08/2025Campaña abonados 2025/2026
07/08/2025Javi Fernández xogará no Betanzos CF
17/07/2025Calendario