• Home
  • Álex Del Río segue no Betanzos CF

Álex Del Río segue no Betanzos CF

18/06/2025 Betanzos CF Comments Off

Álex renova o seu compromiso co noso club é segue no Betanzos CF.

Alejandro Del Río González (Ferrol,2001) o presentamos por segunda vez como xogador do Betanzos CF o 18 de xaneiro de 2025 e tivo mala fortuna cas lesions durante a tempada, polo que non puido xogar apenas encontros na terceira Rfef. Unha vez recuperado, quere aportar o máximo na preferente.

Dianteiro goleador e traballador incansable durante os encontros. En tempadas anteriores xogou na SDC Galicia Mugardos donde conseguiu anotar 16 tantos en 32 partidos disputados, sumando mais de 2500 minutos na categoría. Polo que estivo entre os máximos goleadores da preferente. Pese a ter tan só 23 anos conta con experiencia na categoría xa que militou no CD As Pontes na tempada 20/21 xogando 29 partidos e anotando 3 goles. Na tempada 21/22 estivo na UD Somozas tamén na 3ª xogando 21 partidos.

Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Ángel, Carneiro, Álvaro Dolz, Pedro Couce, Manu Barbeito, LuisMi e Del Río.