• Home
  • Álex Ares volve a xogar no Betanzos CF

Álex Ares volve a xogar no Betanzos CF

11/07/2025 Betanzos CF Comments Off

A dirección deportiva do Betanzos e Álex alcanzaron un acordo para a sua incorporación na tempada 2025/2026 en preferente futgal.

Alejandro Ares Cernadas (A Coruña, 2005) volverá a defender o noso escudo. Centrocampista procedente do SP Meicende de 1ª futgal. Nesta tempada xogou 28 partidos, superando os 2400 minutos e puido aportar o seu equipo 7 goles, boas cifras de Álex.

Medio centro con moi bo manexo de balón, que marca os tempos do partido, sempre cun mui boa visión de xogo e gran dominio do esférico. Gustalle ofrecerse sempre para poder sacar o balón dende a defensa coa maior precisión posible.

Álex xa xogou no Betanzos CF en preferente Galicia no seu primeiro ano de modestos na tempada 2014/2015, donde xa conseguía mostrar a sua personalidade e xogou mais de 1200 minutos. Logo estivo en equipos de fútbol sala en categoría nacional como O Parrulo Ferrol FS, Santiago futsal. No fútbol dende o ano 2021 defendía as cores do SP Meicende, equipo do que procede.

Benvido de novo a túa casa e moita sorte nesta experiencia.

Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Ángel, Carneiro, Álvaro Dolz, Pedro Couce, Manu Barbeito, LuisMi, Del Río, Marcos, Piquero, André, Martín Lago, Manu Castro, Xoel, Leira, Jesús, Jon, Laye, Tomás Abelleira e Álex Ares.