• Home
  • David Carneiro e Martín Da Lama continuan no Betanzos CF

David Carneiro e Martín Da Lama continuan no Betanzos CF

09/07/2026 Betanzos CF Comments Off

A dirección deportiva chega a un acordo con David e Martín para a renovación na tempada 2026/2027 en preferente futgal.

Ambos xogadores seguen no seu clube de toda a vida, dende pequeniños no Betanzos, aguantan unha tempada mais defendendo o seu escudo de sempre.

David Carneiro Alonso (Betanzos,1998) Defensa central é capitan do Betanzos CF seguirá sendo un exemplo e comandando o vestiario na preferente. Na última tempada por diversos motivos tivo participación en 17 encontros. Esta tempada tentara gañar o seu sitio no centro da defensa, seguirá sendo un exemplo de valores dentro do vestiario.

Martín Da Lama Vázquez (Betanzos,1999) defensa central ou centrocampista defensivo volverá a servir o equipo unha tempada mais. Tras o seu paso polo RC Villalbés de 3ª RFEF volveo no pasado mercado invernal a nosa casa para ser un fixo nos planes de cada partido xogando 21 encontros e anotando 3 goles.

Duas renovacións que nos fan moita ilusión pola traxectoría dentro da nosa estructura.

Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Ángel, Javi, Juan de Dora, Martín Lago, Manu Castro, Manu Barbeito, Raúl Pita, Alejandro, Pablo, Marcos, Vicente, Marcos Rodriguez, André, Laye, Piquero, Leira, Jesús, Iker, Da Lama e Carneiro.