• Home
  • Claudio Corbillón segue como adestrador do Betanzos CF

Claudio Corbillón segue como adestrador do Betanzos CF

15/06/2026 Betanzos CF Comments Off

O Betanzos CF chega a un acordo co adestrador Cludio Corbillón para a sua renovación como adestrador para a campaña 26/27.

Claudio J Corbillón Sánchez (Vigo, 1986) seguirá a próxima tempada no banquillo do García Hermanos. Claudio conseguiu facer un bo equipo que empezou a 25/26 de menos a mais, chegando a facer unha segunda volta de números de campión, o que lle permitiu quedar en 2ª posición e xogar a promoción de ascenso. Promoción que caimos en semifinales logo de 2 partidos regulares que non empañan a boa campaña feita polo noso equipo.

Adestrador xoven con proxección, ten a oportunidade de facer a plantilla adecuada o seu gusto e maneira de xogar. Así como tamén seguir co seu estilo de xogo, que tantos puntos dou na tempada que acaba de rematar

Moita sorte na próxima tempada.