• Home
  • Javi Fernández xogará no Betanzos CF

Javi Fernández xogará no Betanzos CF

17/07/2025 Betanzos CF Comments Off

A dirección deportiva do Betanzos e Javi alcanzaron un acordo para a súa incorporación na tempada 2025/2026 en preferente futgal.

Javier Fernández Casanova (Betanzos,2006) xa é novo xogador do Betanzos CF. Defensa procedente do RC Deportivo xuvenil división de honra. Formouse na base do Betanzos de onde marchou na categoría infantil para xogar na base do RC Deportivo en cadetes e 3 anos de xuvenís, ata acabar no equipo de división de honra que xogou a copa de campións. Esta tempada xogou 23 partidos sumando mais de 770 minutos e anotando un gol.

Javi xoga na posición de lateral dereito, pero o seu bo manexo de ambas pernas lle permite xogar coa misma soltura en ambas bandas o mesmo nivel. Súmase ao proxecto betanceiro é volve a xogar na súa para coincidir sobre o campo co seu irmán Ángel. Un betanceiro que quere xogar no seu equipo de sempre.

Benvido de novo a túa casa e moita sorte nesta experiencia.

Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Ángel, Carneiro, Álvaro Dolz, Pedro Couce, Manu Barbeito, LuisMi, Del Río, Marcos, Piquero, André, Martín Lago, Manu Castro, Xoel, Leira, Jesús, Jon, Laye, Tomás Abelleira, Álex Ares e Javi.