Esta páxina web usa cookies, propias e de terceiros, para mellorar a súa experiencia neste sitio, analizar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Pode xestionar as mesmas a través do botón Configurar e acceder á Política de Cookies.
Álex Del Río, xogador do Betanzos CF
A dirección deportiva do Betanzos e Álex Del Río alcanzaron un acordo para a sua incorporación na tempada 2024/2025 en Terceira RFEF.
Alejandro Del Río González (Ferrol,2001) volta a xogar co Betanzos na Terceira RFEF. Estivo no noso equipo a tempada 23/24 sumando mais de 1000 minutos e anotando un tanto. A primeira parte da tempada 24/25 foi xogador da SDC Galicia Mugardos en Preferente Galicia onte xogou mais de 950 minutos e anotou 6 dianas. Agora volve a Betanzos para axudar o equipo e aportar traballo e goles para tentar salvar a categoría.
Dianteiro goleador e traballador incansable durante os encontros. En tempadas anteriores xogou na SDC Galicia Mugardos donde conseguiu anotar 16 tantos en 32 partidos disputados, sumando mais de 2500 minutos na categoría. Polo que estivo entre os máximos goleadores da preferente. Pese a ter tan só 23 anos conta con experiencia na categoría xa que militou no CD As Pontes na tempada 20/21 xogando 29 partidos e anotando 3 goles. Na tempada 21/22 estivo na UD Somozas tamén na 3ª xogando 21 partidos.
Fichaxe con experiencia na categoría que chega para aportar goles nesta tempada na terceira RFEF.
Benvido de novo a túa nova casa e moita sorte nesta experiencia.
Seguimos traballando para facer o mellor Betanzos CF 24/25.
Categorías
Entradas Recientes
Resultados encontros 1-2 febreiro
03/02/2025Horarios encontros 1-2 febreiro
29/01/2025Resultados encontros 25-26 xaneiro
27/01/2025Calendario