• Home
  • Souto, novo xogador do Betanzos CF

Souto, novo xogador do Betanzos CF

30/06/2022 Betanzos CF Comments Off

A dirección deportiva do Betanzos e o xogador Souto alcanzaron un acordo para a sua incorporación ao equipo na tempada 2022/2023 en preferente Galicia.

José Manuel Souto Bestilleiro (Cerceda, 1983) convértese en nova fichaxe do Betanzos CF. Souto, que ocupa a posición de centrocampista, procede do SD Silva de terceira división nacional, categoría na que leva militando dende o ano 2017. Anteriormente xogou CCD Cerceda, Bergantiños CF, Ordenes e Laracha CF.

Benvido a túa nova casa e moita sorte nesta nova experiencia.

Seguimos traballando para facer o mellor Betanzos CF 22/23.

Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Mon, Da Lama, Martín López, David Carneiro, Martín Lago, Javi Rumbo, Juan de Dora, Toni Insua e Souto.