• Home
  • Puyu, novo xogador do Betanzos CF

Puyu, novo xogador do Betanzos CF

10/07/2022 Betanzos CF Comments Off

A dirección deportiva del Betanzos CF e Nacho Puyuelo Chegaron a un acordo para a sua incorporación o Betanzos CF na tempada 2022/2023.

Ignacio Manuel Puyuelo Fernández (A Coruña,1997) convirtese en novo xogador do Betanzos CF. Puyu, centrocampista que destaca polo seu gran despliegue físico e bo toque de balón, chega para darnos oxígeno no medio do campo

Puyu procede do Club do Mar, que esta tempada militaba en primeira Galicia e foi finalista da copa da Coruña. Esta tempada disputou 1482 minutos e anotou un tanto

Con anterioridade xogou no SDC Teixeiro de segunda autonómica, no Orihuela CF B de preferente Valenciana, No Llanes de terceira división, no AD Rivadedeva de preferente Asturiana. NA preferente Galicia Galega xogou no CD Castro e no Sp Sada. Xogador xoven de tan só 24 anos, pero con moita experiencia.

Benvido a túa nova casa e moita sorte nesta nova experiencia.

Seguimos traballando para facer o mellor Betanzos CF 22/23.

Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Mon, Da Lama, Martín López, David Carneiro, Martín Lago, Javi Rumbo, Juan de Dora, Toni Insua, Souto, Pájaro, Mateo, Christian, Kevin, Edu Dias, Borja Varela e Puyu.