• Home
  • Noé López López será o adestrador do Betanzos CF 2022/2023

Noé López López será o adestrador do Betanzos CF 2022/2023

16/06/2022 Betanzos CF Comments Off

A Dirección deportiva do clube e o adestrador alcanzaron un acordo para seguir co vínculo existente na tempada 2022/2023 en preferente Galicia.

Tras varias reunions e logo dos bos resultados colleitados na presente tempada no que o equipo na primeira fase foi capaz de lograr 50 puntos, con 15 partidos gañados, 5 empatados e 4 perdidos disputando un total de 24 xornadas nas que acadou a salvación matemática e doulle opcións a loitar polo ascenso a preferente Galicia. Na segunda fase que iniciaba con 4 puntos no seu casilleiro rematou en 5ª posición con 15 puntos logrando 3 victorias, 2 empates e 5 derrotas e non foi quen de pelexar polo ascenso de categoría.

Así Celestino Noé López López (Fisterra, 1977) será o encargado de dirixar ao Betanzos CF 2022/2023 na sua andadura pola preferente Galicia. O Técnico leva no clube dende a tempada 2018/2019 que militábamos en 1ª Galicia, chega como adestrador en marzo de 2019, polo que encara a sua quinta tempada, cuarta tempada enteira aos mandos do noso histórico clube. Dende a sua chegada foi quen de mellorar os seus rexistros e así gañar a confianza da afección rojilla.

Desexamoslle moita sorte nesta nova tempada.