• Home
  • Miguel Fernández, novo xogador do Betanzos CF

Miguel Fernández, novo xogador do Betanzos CF

17/09/2022 Betanzos CF Comments Off

A dirección deportiva del Betanzos CF e Miguel Chegaron a un acordo para a sua incorporación o Betanzos CF na tempada 2022/2023.

Miguel Fernández Casanova (Betanzos, 1999) convirtese en novo xogador do Betanzos CF.

Miguel empezou os adestramentos co resto do equipo dende o primeiro día de pretempada e logrou convencer ao corpo técnico para integrarse en dinámica de adestramentos e partidos co resto do da plantilla.

o mozo xogador betanceiro desenvólvese en posicións de ataque, aínda que tamén pode actuar en posicións de lateral dereito, como fixo nalgún partido de pretemporada. Así volve ao club, xa que na tempada 2018/2019. Formou parte do equipo en primeira autonómica ata a xornada 16, onde chegou a disputar 176 minutos no seu primeiro ano como xogador senior. Tras o seu paso polo Troula Betanzos FS de fútbol sae onde a última tempada disputou a terceira división nacional. O seu debut produciuse o pasado domingo, que xa puido gozar de minutos no enfrontamento ante a SD Sofán

Benvido a túa nova casa e moita sorte nesta nova experiencia.

Seguimos traballando para facer o mellor Betanzos CF 22/23.

Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Mon, Da Lama, Martín López, David Carneiro, Martín Lago, Javi Rumbo, Juan de Dora, Toni Insua, Souto, Pájaro, Mateo, Christian, Kevin Queijas, Edu Dias, Pablo Vigo, Kevin Naya e Miguel Fernández.

Tamén desexamos a maior das sortes ao xogador Diego Valiño Marques, que tras sair dos xuvenís e adestrar en pretempada co primeiro equipo do Betanzos CF, marcha cedido esta tempada ao VIzoño SD que compite en primeira Galicia na tempada 2022/2023