• Home
  • Martín Lago segue no Betanzos CF

Martín Lago segue no Betanzos CF

24/06/2026 Betanzos CF Comments Off

A dirección deportiva e Martín chegan a un acordo para a renovación na tempada 2026/2027 en preferente futgal.

Martín Lago Fernández (Miño,2000) segue unha tempada mais no noso equipo. Lateral esquerdo afianzado no clube donde fichou na categoría xuvenil. Dende o 2021 defede o noso escudo en preferente futgal e terceira división.

Na tempada que acaba de rematar Martín xogou un total de 32 partidos, 23 como titular e marcando 2 goles, todo eso en mais de 2000 minutos sobre o verde. Costoulle entrar no 11 titular, pero unha vez collido ese posto xa non o soltou durante toda a tempada.

Unha renovación querida por toda a afección e de garantias para o noso equipo.

Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Ángel, Javi, Juan de Dora e Martín Lago.