• Home
  • Horarios encontros 26-27 setembro

Horarios encontros 26-27 setembro

23/09/2026 betanzoscf Comments Off

O Betanzos CF viaxa a Chantada.

Xoga ante o recen ascendido SD Chantada no campo de O Sangoñedo o domingo as 17:30. Campo que o noso clube coñece a perfección de épocas pasadas e saben que sumar no Sangoñedo é tarea complicada xa que o público apreta moito en favor do seu equipo e o equipo local sempre ten unha alta motivación. A nosa será seguir sumando de 3 e sin encaixar gol.

O Xuvenil A xoga o sábado as 10:00 bno campo de Tarrío ante a AD Culleredo. Campo pequeno que os nosos xogadores se teñen que adaptar o antes posible.

O Cadete A xoga tamén no campo de Tarrío o sábado as 16:00 contra o Portazgo SD. os nosos rapaces queren completar un bo encontro para tratar de sacar puntos.

O infantil A recibe o sábado as 10:00 no campo de O Carregal o Victoria CF B. Partido que se presenta complicado contra un rival que domina ben o balón.

Deixamos os horarios dos encontros.