• Home
  • Horarios encontros 12-13-14 xaneiro

Horarios encontros 12-13-14 xaneiro

10/01/2024 Betanzos CF Comments Off

Volve a competición para todos os nosos equipos no 2024 tras o paron de nadal.

O Betanzos CF xoga o sábado as 18:30 contra o Club Rápido de Bouzas no Baltasar Pujales. Saida complicada do noso equipo a Vigo para enfrontarse a un rápido que ten un equipo diseñado para quedar no mais alto da clasificación. O noso equipo quere seguir ca dinámica xa que leva 3 xornadas consecutivas puntuando.

O xuvenil A recibe o sábado as 16:00 no campo de O Carregal ó Unión Campestre ca intención de sumar unha victoria para empezar ben o ano.

O Cadete A viaxa a Ordes para enfrontarse a SDC Ordenes o sábado as 10:00 no anexo de Vista Alegre. Os nosos están en un bo momento que queren seguir aproveitando.

O Infantil A recibe o domingo as 10:00 no campo de O Carregal a UD Paiosaco. Empezar 2024 gañando e a millor forma de demostrar os bos adestramentos feitos.

Deixamos os horarios dos encontros.