• Home
  • Folla de ruta na loita polo ascenso

Folla de ruta na loita polo ascenso

22/03/2022 Betanzos CF Comments Off

Coñecemos o calendario da promoción de ascenso a terceira RFEF. Estamos encadrados no grupo C norte.

Os equipos clasificados e a puntuación coa que acceden a esta segunda fase son:

Polo Subgrupo A (Arteixo 6 puntos, Sigüeiro 4 puntos, Paiosaco 3 puntos, Fisterra 2 puntos e Dubra 1 punto)

Polo Subgrupo B (Sarriana 6 puntos, Betanzos 4 puntos, At Coruña Montañeros 3 puntos, Club Lemos 2 puntos e Galicia Mugardos 1 punto)

A Competición se xogará a formato de doble volta, pero so nos enfrontaremos aos rivais procedentes do subgrupo A (Arteixo, Sigüeiro, Paiosaco, Fisterra e Dubra) un total de 10 xornadas nas que se decidirá o noso futuro.

A clasificación desta segunda fase está determinada mediante o sistema de puntos, establecéndose a clasificación final conforme os puntos obtidos por cada un dos equipos contendentes, sumados aos puntos fixos outorgados pola orde clasificatoria da primeira fase.

Ascenden a terceira RFEF os dous primeiros clasificados, o terceiro clasificado xoga contra o terceiro clasificado do grupo sur D unha eliminatoria na que o gañador ten dereito a xogar a copa S.M. O Rey da tempada 2022/2023.

A fase de ascenso arranca este domingo 27 de marzo na que e rendimos visita a SD Fisterra e finaliza o 29 de maio que recibimos no García Hermanos a SD Dubra. Adxuntamos o calendario desta segunda fase.

Moita sorte a toda a plantilla que ganou o dereito a pelexar entre os mellores da preferente Galicia.