• Home
  • Comezo dos adestramentos para o Betanzos CF 2022/2023

Comezo dos adestramentos para o Betanzos CF 2022/2023

02/08/2022 Betanzos CF Comments Off

Na tarde de hoxe empeza a traballar o Betanzos CF 2022/2023 de cara ao inicio de liga en preferente Galicia.

O técnico Celestino Noé López ten dispoñibles para a súa primeira sesión na tarde de hoxe que da comezo as 20:30 nas instalacións do Carregal a: Mon, Da Lama, Martín López, David Carneiro, Martín Lago, Javi Rumbo, Juan de Dora, Toni Insua, Souto, Pájaro, Mateo, Christian, Kevin Queijas, Edu Dias, Pablo Vigo e Kevin Naya.

Comezan a adestrar co primeiro equipo tras acabar a sua etapa xuvenil:

Diego Valiño Márquez, central e Vicente Iglesia Ares, lateral procedente do xuvenil de As Pontes.

Os canteirans do Betanzos CF que tamen van a realizar a pretempada as ordes do corpo técnico do primeiro equipo son:

Alejandro Fernández Espontoso e David Varela García, porteiros
Darío García Casal, central
Nicolás Lage Anido, lateral dereito
Xoan Alfonso Doce Otero e Hugo García Pintor, mediocentros.

Tamén comeza os adestramentos co resto do grupo Miguel Fernández Casanova que xa pertenceu a primeira plantilla do Betanzos na tempada 2017-2018.

Temos programados os seguintes partidos de preparación:

15 agosto as 18:30 no García Hermanos. Betanzos CF – AT Arteixo

20 agosto as 18:30 no García Hermanos. Betanzos CF – UD Paiosaco

21 agosto. Triangular en Miño

24 agosto. Betanzos CF – CSD Arzúa

26 agosto. RC Deportivo Fabril

28 de agosto. Municipal de A Laracha. Laracha CF – Betanzos CF

4 setembro. Campo O Castro. UD Carral – Betanzos CF