Esta páxina web usa cookies, propias e de terceiros, para mellorar a súa experiencia neste sitio, analizar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Pode xestionar as mesmas a través do botón Configurar e acceder á Política de Cookies.
Jesús, novo porteiro do Betanzos CF
A dirección deportiva do Betanzos e Jesús alcanzaron un acordo para a sua incorporación na tempada 2025/2026 en preferente futgal.
Jesús Jurado Bouzón (Palma,1999) convírtese en novo porteiro do Betanzos CF. Jesús chega procedente do SP Meicende de primeira futgal onde xogou 21 partidos pasando dos 1700 minutos. anteriormente xogou tamén en preferente futgal no CD As Pontes, SD Sofán e Atl Arteixo, neste último tamén xogou en terceira división.
Pero Jesús xa coñece ben as nosas instalacións, xa que defendeu a nosa porteria na tempada 2019/2020 en primeira futgal, tempada que conseguimos ascender a preferente futgal. Jesús esa tempada tivo un papel importante dentro da boa tempada do equipo.
Porteiro cun bo xogo cos pes, dominador da área e moi seguro baixo paus.
Benvido de novo a túa casa e moita sorte nesta experiencia.
Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Ángel, Carneiro, Álvaro Dolz, Pedro Couce, Manu Barbeito, LuisMi, Del Río, Marcos, Piquero, André, Martín Lago, Manu Castro, Xoel, Leira e Jesús.
Categorías
Entradas Recientes
Jesús, novo porteiro do Betanzos CF
01/07/2025Alberto Leira únese o Betanzos CF
30/06/2025Xoel Henrique é novo xogador do Betanzos CF
28/06/2025Calendario