• Home
  • Claudio, novo adestrador do Betanzos CF

Claudio, novo adestrador do Betanzos CF

23/10/2024 Betanzos CF Comments Off

A dirección deportiva do Betanzos CF chega a un acordo con Claudio Corbillón para a súa incorporación o Betanzos CF como adestrador na tempada 2024/2025.

Claudio J Corbillón Sánchez (Vigo, 1986) convértese en novo adestrador do Betanzos CF para a tempada 2024/2025 en terceira RFEF.
Claudio, adestrador xoven con proxección, empeza esta etapa no Betanzos con moitas ganas de poder sacar bos resultados nesta nova categoría .
Entre os equipos adestrados por Claudio, adestrou en preferente Galicia o Sada CF, Boimorto CF, San Tirso SD e Victoria CF onde tamén chega a gañar a copa Coruña no ano 2023.

En primeira autonómica tamén adestra ao Boimorto CF onde consegue gañar a liga.
Claudio xa empezou a traballar ca plantilla na preparación do encontro do domingo fronte ou Villalonga FC no García Hermanos para poder sumar a segunda vitoria da tempada

Benvido de novo a túa casa e moita sorte.