• Home
  • Christian causa baixa no Betanzos CF

Christian causa baixa no Betanzos CF

18/06/2024 Betanzos CF Comments Off

O centrocampista deixa de pertencer ó Betanzos CF.

Logo de chegar ao Betanzos CF na tempada 2016 en preferente Galicia e xogar co nos tamén en primeira autonómica e terceira división Christian deixa de ser xogador do noso equipo.

8 tempadas con nos, nas que sempre foi unha peza importante con todos os adestradores, foi quen de gañarse unha plaza no equipo titular todos os anos, sumando mais de 2000 minutos xogados excepto esta última tempada por culpa das lesións.

Agradecemos a Christian todos estos anos que pasou con nos, xa é un mais da nosa familia e parte da nosa historia.

O Clube agradecelle ó xogador os servicios prestados e desexalle moita sorte nos seus futuros proxectos.