• Home
  • Álvaro Otero únese ó Betanzos CF

Álvaro Otero únese ó Betanzos CF

28/06/2024 Betanzos CF Comments Off

A dirección deportiva do Betanzos CF e Álvaro chegaron a un acordo para a súa incorporación o Betanzos CF na tempada 2024/2025.

Álvaro Otero Undabeitia ( A Coruña, 2005 ) lateral dereito que procede da canteira do RC Deportivo, concretamente do xuvenil de división de honra onde na última tempada xogou 28 encontros.

Con anterioridade tamén xogou na base do Victoria CF. Xogador que remata a etapa de xuvenil e se achega ao García Hermanos para demostrar o seu nivel na terceira federación

Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Mon, Ángel, Juan, Casariego, Manu Barbeito, Sito Seoane, Martín Lago, Pájaro, Berto, Vituco, Iago López, Borja, David Carneiro, Ipi, Sito e Álvaro.

Benvido a túa casa e moita sorte nesta experiencia.

Seguimos traballando para facer o mellor Betanzos CF 24/25.