Esta páxina web usa cookies, propias e de terceiros, para mellorar a súa experiencia neste sitio, analizar os nosos servizos e mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias. Pode xestionar as mesmas a través do botón Configurar e acceder á Política de Cookies.
Convenio de filialidade co clube CDX Aranga
O Betanzos CF e o CDX Aranga formalizaron un convenio de filialidade co obxectivo de establecer unha colaboración estable que favoreza o desenvolvemento deportivo e formativo dos xogadores de ambas as entidades.
Con este acordo, o CDX Aranga que actualmente milita en 3ª futgal actuará como club filial do Betanzos CF de Preferente futgal. O convenio permitirá a cesión de xogadores que acaban a etapa de xuvenís no Betanzos, así como a posibilidade dos xogadores menores de 23 anos de xogar en ambas as entidades, a cooperación técnica e deportiva, así como a organización de adestramentos conxuntos, formación de adestradores e actividades que fortalezan o tecido futbolístico da comarca.
Desde ambos os clubs celébrase esta alianza como “unha oportunidade de crecemento conxunto e de impulso ao talento local, reforzando a estrutura deportiva de base e promovendo valores como o traballo en equipo”.
Este acordo forma parte da estratexía de crecemento do noso fútbol base, aumentando o proceso de formación para os nosos xogadores que conclúen a etapa xuvenil e facendo posible que continúen ligados ao noso club mentres continúan a súa progresión.
“Este convenio representa un paso firme cara a un modelo colaborativo que beneficiará a xogadores con ganas de xogar ao fútbol e demostrar a súa valía en todas as categorías”, apuntaron ambos os presidentes.
Categorías
Entradas Recientes
Convenio de filialidade co clube CDX Aranga
31/07/2026Álex Montero, incorporación para o Betanzos CF
14/07/2026Juan José, novo preparador físico do Betanzos CF
13/07/2026Calendario