• Home
  • Álex Montero, incorporación para o Betanzos CF

Álex Montero, incorporación para o Betanzos CF

14/07/2026 Betanzos CF Comments Off

A dirección deportiva do Betanzos e Álex alcanzaron un acordo para a sua fichaxe na tempada 2026/2027 en Preferente futgal.

Alejandro Montero Peteira (As Pontes,2005) novo centrocampista procedente do Silva SD de terceira RFEF. Álex xoga de mediocentro cunha boa visión de xogo, moito despliegue físico en tareas defensivas e capacidade para chegar a área contraria para axudar no último treito do campo.

A tempada pasada xogou 25 partidos en terceira sobrepasando os 1200 minutos sobre o verde. Xogador novo, de tan só 21 anos de idade pero xa ten experiencia na terceira ao xogar duas tempadas seguidas.

Na súa etapa de formación estivo no xuvenil de división de honra do RC Celta de Vigo, RC Deportivo Da Coruña tanto en cadetes como en xuvenís.

Xogador xovén pero con moita experiencia en categorías altas, que seguro que aporta moito na preferente futgal.

Benvido a túa nova casa e moita sorte nesta experiencia.

Así a plantilla actualmente conta cos seguintes xogadores: Ángel, Javi, Juan de Dora, Martín Lago, Manu Castro, Manu Barbeito, Raúl Pita, Alejandro, Pablo, Marcos, Vicente, Marcos Rodriguez, André, Laye, Piquero, Leira, Jesús, Iker e Álex Montero.